Os judokas ourensáns Guillermo Arenas e Yago Rodríguez debutaron en categoría sénior na Supercopa de España de Xudo

OurenseXa
O campionato reuniu a máis de 200 judocas de España e Portugal nacidos antes de 2010
Manuel Montero, Guillermo Arenas, Felipe iglesias e Yago Rodríguez
Manuel Montero, Guillermo Arenas, Felipe Iglesias e Yago Rodríguez
17 Feb 2025

Este sábado, 15 de febreiro, celebrouse a Supercopa de España de Judo en categoría absoluta, tanto masculina como feminina, no Pavillón do Colexio San Narciso de Marín (Pontevedra). Este torneo internacional contou coa participación de dous membros do Judo Club Marbel: Guillermo Arenas Jara, na categoría de -73 quilos, e Yago Rodríguez González, en -90 quilos.

Ambos xudocas debutaban na categoría sénior e puideron comprobar a esixencia do campionato. Yago Rodríguez caeu na primeira rolda ante o tamén galego Adrián Mosquera, mentres que Guillermo Arenas, tras un intenso combate, foi derrotado polo extremeño David Barroso.

Os deportistas estiveron acompañados en todo momento polo mestre Felipe Iglesias, quen valorou positivamente o seu desempeño e destacou o seu espírito competitivo neste esixente torneo. Ademais, outro membro do club, Oliver Balvís, participou na competición como árbitro.

O campionato, organizado pola Federación Galega de Xudo e patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, reuniu a máis de 200 judokas de España e Portugal nacidos antes de 2010, consolidándose como unha das citas máis importantes do calendario xudístico nacional.

0.17878985404968