Os membros de APSOU acenderon as luces de Nadal en Ourense

OurenseXa
A Asociación de Persoas Xordas de Ourense foi a encargada de dar comezo ao Nadal de 2024
Acendido das luces de Nadal, Ourense, 2024
Acendido das luces de Nadal, Ourense, 2024
6 Dec 2024

O Concello de Ourense acendeu este xoves as luces de Nadal, cun acto na Alameda no que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, estivo acompañado doutros membros da corporación municipal así como de diversas autoridades provincias.

O acendido deste ano en Ourense estivo a cargo dos membros da Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) que, cunha conta atrás silenciosa, deron comezo oficialmente á programación para este Nadal.

A xornada estivo amenizada por unha actuación musical a cargo de Somoza Trío.

⚙ Configurar cookies
0.051743984222412