Os membros de APSOU acenderon as luces de Nadal en Ourense

O Concello de Ourense acendeu este xoves as luces de Nadal, cun acto na Alameda no que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, estivo acompañado doutros membros da corporación municipal así como de diversas autoridades provincias.
O acendido deste ano en Ourense estivo a cargo dos membros da Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) que, cunha conta atrás silenciosa, deron comezo oficialmente á programación para este Nadal.
A xornada estivo amenizada por unha actuación musical a cargo de Somoza Trío.