Os membros do Club Marbel regresaron da III Supercopa de España de Jiu Jitsu con tres medallas

O pasado domingo 2 de marzo, celebrouse no Polideportivo de Villaviciosa de Odón (Madrid) a III Supercopa de España de Jiu Jitsu, Comunidade de Madrid, na categoría absoluta, coa participación de tres integrantes do Jiu Jitsu Club Marbel.
Guillermo Arenas (-69 kg) e Yago-Nguyen Rodríguez (-94 kg) competirón en dúas modalidades de combate: Lucha e Ne Waza (restringida ao chan). Ambos lograron medallas en Ne Waza, con prata para Arenas e bronce para Rodríguez, quen ademais finalizaron na novena e quinta posición, respectivamente, na modalidade de Lucha. Pola súa parte, Rubén Córdoba (-94 kg) sumou outra medalla de bronce en Lucha.
A expedición ourensá estivo dirixida a pé de tatami polo Mestre Felipe Iglesias, subcampión mundial e actual seleccionador galego. Segundo Iglesias, os obxectivos eran claros: "loitar polas medallas, competir e comprobar sensacións de cara ao Campionato de España, que se disputará a mediados de marzo en Madrid".
Rodríguez debutaba nun torneo desta magnitude, mentres que Arenas e Córdoba xa contaban con experiencia neste nivel. Con estes resultados, as expectativas de cara ao Nacional son excelentes, aseguran desde o club ourensán.