Os museos de Allariz pechan ata o 1 de marzo por mantemento e descanso do persoal

Os Museos de Allariz permanecerán pechados ao público ata o vindeiro 1 de marzo. O Concello comunicou que a interrupción temporal da actividade responde a dúas razóns principais: o descanso do persoal e a realización de tarefas de mantemento nas instalacións.
Desde o consistorio agradecen a comprensión da veciñanza e das persoas visitantes e sinalan que o espazo retomará a súa actividade con normalidade a partir desa data.