Os nenos dos campamentos da Asociación Xuvenil Amencer protagonizan unha exposición fotogrática

OurenseXa
A exposición recolle unha selección de 503 fotografías que amosan os momentos vividos polos mozos e mozas ourensáns durante os campamentos de verán
campamnto-urbano-amencer
29 Sep 2025

Este martes 30 de setembro, ás 11:15 horas, a Asociación Xuvenil Amencer inaugurará na súa “Sala dos 15 anos” a exposición fotográfica titulada “Unha e mil instantáneas de verán”. O acto contará coa presenza de participantes nos distintos campamentos que se recollen na mostra.

A exposición recolle unha selección de 503 fotografías que mostran os momentos vividos polos mozos e mozas ourensáns durante os campamentos de Amencer nos meses de xuño, xullo e agosto. Entre as imaxes pódense ver xogos, excursións, actividades acuáticas, paseos pola natureza, noites de acampada e sorrisos de participantes e voluntarios, reflectindo a alegría e a diversidade de experiencias do verán.

Durante a inauguración tamén se darán a coñecer os datos da campaña deste verán, que contou cun total de 1.865 participantes. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 26 de outubro.

⚙ Configurar cookies
0.13323283195496