Os novos radares de Ourense comezan a multar este xoves

Os novos radares instalados polo Concello de Ourense para controlar a velocidade en diversos puntos da cidade entrarán en funcionamento efectivo nas próximas horas. A partir deste momento, os dispositivos comezarán a impoñer sancións ás persoas condutoras que superen os límites establecidos.
O sistema está composto por un total de nove cinemómetros, que levan varias semanas operativos en fase experimental para verificar o seu correcto funcionamento e a calibración das medicións.
O goberno municipal fai un chamamento á colaboración cidadá para que a posta en marcha destes radares contribúa a mellorar a seguridade viaria, reducir a velocidade en zonas sensibles e previr accidentes. Segundo sinalan, o obxectivo principal é avanzar na pacificación do tráfico e minimizar situacións de risco tanto para vehículos como para peóns.