Os novos trens Avlo chegarán a Ourense o 22 de xullo
Galicia estrea este verán a súa conexión Avlo con Madrid cos novos trens S106 de 581 prazas. Trátase dos convois con maior capacidade de viaxeiros por tren que circulan actualmente pola rede ferroviaria nacional. A compañía lanza hoxe unha campaña con billetes desde 7 euros, para viaxar en todas as orixes/destinos de ambos os corredores con máis de 15.300 billetes promocionais.
Os trens, que chegarán a Ourense o 22 de xuño, alternará as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela e con paradas en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.
Así, a conexión entre Ourense Madrid estreará a mediados de verán dúas novas liñas:
- Madrid-Galicia: Avlo con saída ás 17:08 horas con destino A Coruña os luns, mércores, venres e sábados, con chegada ás 21:04 horas. E destino Vigo Urzaiz os martes, xoves e domingos, con chegada ás 21:37 horas.
- Galicia-Madrid: Avlo con orixe A Coruña ás 6:34 horas os martes, xoves, sábados e domingos. E de Vigo Urzaiz os luns, mércores e venres ás 5:57 horas, con saída desde Santiago ás 7:06 horas e chegada a destino ás 10:32 horas.