Os obradoiros de idiomas do Concello de Ourense desenvolveranse entre os meses de xaneiro e marzo

OurenseXa
Os cursos incluirán galego (Celgas 1 e 3), alemán (iniciación 1),  francés (iniciación 2), inglés (iniciación 1), italiano (iniciación 2) e Portugués (iniciación 2)
cartel_obradoiro_idiomas_ourense
7 Nov 2024

Do 13 de xaneiro ao 13 de marzo, a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense
ofertará obradoiros de diversas linguas, dirixidos aos cidadáns de Ourense maiores de 16 anos empadroados en Ourense.

Este ano, os cursos inclúen galego (Celgas 1 e 3), alemán (iniciación 1),  francés (iniciación 2), inglés (iniciación 1), italiano (iniciación 2) e Portugués (iniciación 2).

O prazo de preinscrición estará aberto entre o 12 e o 19 de novembro, e a listaxe de admitidos publicarase o 25 de novembro.

As clases impartiranse nas instalacións da Escola Municipal de Música e no edificio anexo a
esta, en horario de tarde , entre as 18.00 e as 21.00 horas, agás os grupos de galego, que serán de mañá. O prezo de matrícula será de 33 euros por curso, e os grupos constarán dun máximo de 20 persoas.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.4023129940033