Os pluses de nocturnidade e festividade da policía e bombeiros incluirase nos seus salarios ordinarios

OurenseXa
As retribucións por estes dous conceptos pasarán a formar parte do salario mensual ordinario dos e das profesionais de ambos os servizos municipais
Bombeiros Concello de Ourense
Bombeiros do Concello de Ourense
30 May 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este xoves a inclusión dos pluses de nocturnidade e festividade nos salarios ordinarios de policías e bombeiros

Así, ditos pluses pasarán a estar dentro do complemento específico dos seus postos de traballo. Deste xeito, as retribucións por estes dous conceptos pasarán a formar parte do salario mensual ordinario dos e das profesionais de ambos os servizos municipais. O acordo publicarase nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.15037512779236