Os populares acusan a Jácome de apropiarse das suas propostas
“Despois do Rexurbe, agora chegoulle o turno á burocracia cero”, sinalan desde o Grupo Municipal Popular, á vista das dúas últimas “iniciativas” da Alcaldía, que se apropia así de sendas propostas dos populares, que ademáis figuraban no programa que presentou o Partido Popular ás eleccións municipais do pasado mes de maio.
Non sen certa retranca, o Grupo Municipal Popular sinala que “hai moitas máis mocións e ideas que nos pode copiar, pero dentro de tres anos a cidadanía de Ourense poderá elixir entre o orixinal e a copia”.
Lamentablemente, nen sequera as copia ben, xa que no caso do recurso ás Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), debería artellarse pola vía dunha modificación da ordenanza de licenzas, como xa se indicaba na nosa moción “e non mediante unha instrución de un parágrafo”, e todo porque aproveitou así a parte máis sinxela da moción, a que daba menos traballo desenvolver.
Esta é unha mostra máis da falla de ideas e de rigor na xestión do Concello de Ourense por parte do actual alcalde. E, para colmo, moitas das propostas que nos copia non as apoia cando se debaten no Pleno, o que engade un punto máis de incongruencia á súa incoherente visión da política municipal.
O Concello de Ourense anunciou hoxe que simplificaría os procedementos para a actuación das entidades de certificación municipal (ECCOM), unha medida que se suma á anunciada fai uns días de solicitar a declaración do Centro Histórico de Ourense como Área Rexurbe. Ambas, lembran os populares, xa foran propostas polo PP, e inciden en que "o alcalde de Ourense recicla as mocións do PP, apropiándose das ideas alleas facéndoas pasar por propias, para intentar tapar así as carencias da súa deficiente xestión".