Os populares advirten de que o cesamento do interventor agravará máis a situación de colapso económico do Concello

OurenseXa
Os populares adviten da delicada situación económica do Concelllo e lamentan que o alcalde "non exerza as funcións que lle corresponden, sometendo á cidade de Ourense nun verdadeiro caos"
Concello_Ourense_recurso_2
Concello de Ourense
20 Abr 2024

O Grupo Municipal do PP denuncia que é inadmisible que ao alcalde se lle ocorra cesar ao interventor, e que o faga ademais cando o Concello de Ourense está a atravesar un colapso económico e se están a desmantelar todos os servizos

Nesta liña, critica ademais que o alcalde se desfaga de todo o que lle estorba. Fíxoo coa tesoureira, coa intendente xefe da Policía Local e coa xefa de servizo de Termalismo, destacan dende o PP.

Os populares lembran ademais que aínda non hai orzamentos, que o alcalde comezou  o ano debendo ás empresas e autónomos 15,5 millóns de euros; que fai menos de un mes deixou sen comida aos usuarios do servizo do Comedor sobre Rodas; esta mesma semana coñecíamos que as familias non terán conciliación este verán e que a Policía Local e os Bombeiros non están a cobrar as súas nóminas, e un longo etcétera de agravios ás veciñas e veciños de Ourense. Esta nova ocorrencia, aseguran, vai supoñer unha parálise aínda maior da administración pública.

Pese que o alcalde se vanaglorie cada día nas súas redes sociais de que está mellorando a cidade, a realidade, constatan dende o PP, é que o “colapso presupuestario” é real, e destacan como outros dos exemplos a ampla lista de obras que está a adxudicar sen que haxa cartos ou outras que empezaron e se foron as empresas ao non cobrar e moitas que se levaron a cabo e aínda están pendentes de pago.

O Grupo Municipal Popular deixa claro que seguirá defendendo que os traballadores públicos exerzan os seus dereitos en defensa das súas funcións e da súa persoa, e que continuará censurando esta actitude “ditadora” dun grupo de goberno local que intenta tapar a súa mala xestión con ataques constantes aos traballadores. Modificando ademais, intencionadamente, a información co obxectivo de manipular á opinión pública e aos veciños e veciñas de Ourense.

Por último, os populares lamentan que o alcalde non exerza as funcións que lle corresponden, sometendo á cidade de Ourense nun verdadeiro caos.

0.18933701515198