Os populares ourensáns acusan ao alcalde de ter un "desinterese total polos servizos sociais”

OurenseXa
“O mes pasado, nas xuntas de área aseguráronnos que tanto o servizo de teleasistencia como o centro de día estaban en contratación, e agora dinnos que non”, lamentan os populares
CIM-Ourense
CIMM Ourense
19 Xuño 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular lamenta tras as reunións de xunta de área que o alcalde e o seu grupo de goberno “teñan un desinterese total polos servizos sociais”. Unha falta sensibilidade, que a concelleira Noelia Pérez, asegura, “vai en aumento día tras día”.

Nesta liña, a edil destacou como exemplos, o servizo de teleasistencia e do centro de día, ambos pendentes de licitar. “O mes pasado, nas xuntas de área aseguráronnos que tanto o servizo de teleasistencia como o centro de día estaban en contratación, e agora dinnos que non”, denuncia a popular. “É unha auténtica tomadura de pelo, como poden xogar tanto cuns servizos que están destinados ás persoas máis vulnerables”, pregúntase a edil.

Por outra banda, o Partido Popular volveu insistir na necesidade de comunicar o traslado temporal do CIMM á Xunta de Galicia para súa acreditación. “Non queremos que pase como co programa do Comedor sobre Rodas, no que a falta de xestión do alcalde deixou a moitos ourensáns sen a comida mentres el intentou culpar a outras administracións”, asegura Noelia Pérez. Neste senso a concelleira engade que “nesa máquina de contar mentiras que ten na alcaldía fabricaron o discurso que máis lles conviña, que a Xunta tiña que asumir o servizo e que era culpa da administración galega que os usuarios quedasen sen menús, pero hoxe quedou claro que non era así”.

“Esa é a preocupación do alcalde polas persoas que máis o necesitan nesta cidade”, conclúe a popular.

0.16507601737976