Os populares ourensáns advirten das numerosas anomalías que contempla o expediente do Parque Canedo
O Grupo Municipal do Partido Popular, pon de manifesto que non se opón a ningunha obra que sexa beneficiosa para a cidade que esté ben tramitada e que conte cos cartos e informes favorables. Porén ve difícil que salga adiante o proxecto do Parque de Coto de Canedo, porque tal e como asegura a portavoz dos populares, Sonia Ogando, “o expediente contempla numerosas anomalías que poden impedir que a obra se execute en tempo e forma, con graves consecuencias, e dificultar incluso calquera actuación futura nesa zona”.
Ademais, a popular tilda o crédito da obra, 8 millón de euros, como “un castelo no aire deses que tanto lle gustan anunciar ao alcalde e ao seu grupo de goberno”.
De feito, o PP aclara que os case 2,5 millóns de euros da obra que se recollen para a anualidade de 2024 desaparecerían o 31 de decembro ao ir mediante modificación de crédito. “A día 1 de xaneiro de 2025 esta obra tería cero euros para proseguir a súa execución porque non hai orzamentos e aínda que o alcalde pretenda trasladarlle aos grupos da oposición a responsabilidade, se esta obra estivese ben tramitada e incluída nos orzamentos que tantos meses esixindo non tería problema en saír adiante”. Neste mesmo senso a edil asegura que “a anualidade de 2025 que figura tamén no expediente é ficticia”.
O Grupo Municipal Popular explica tamén que de continuar coa formalización do contrato se vai perder o financiamento comprometido – a subvención de fondos Next Generation- por vulneración do apartado 4.6.2 do plan de recuperación, transformación e resiliencia que esixe regularidade no gasto.
Por outra banda o PP denuncia que o alcalde empregue este proxecto con fins partidistas. “O único que está a facer é enganar aos nosos veciños, xa o fixo nas eleccións autonómicas colgando o cartel da obra sen que existise a súa licitación e vólveo intentar agora. Por non falar dun documento escrito no que o alcalde asegura que a obra do Parque do Coto de Canedo estaría rematada en decembro de 2024”, critica a concelleira, quen engade que “nós non imos ser cómplices dos seus enganos e falsos cronogramas porque o que busca o alcalde é un cheque en branco sen ningunha garantía”.
Tampouco entenden os populares a urxencia que ten agora o goberno local por levar a pleno este expediente cando leva tramitándose 34 meses. “A única opción que vemos e retrotraelo e que se leve a pleno un procedemento ben feito e sen discrepancias legais”, destaca Sonia Ogando. “O expediente ten que chegar á súa finalización sen anomalías ao tratarse dun proxecto cun importe tan elevado e dunha obra de gran emvergadura”, conclúe a portavoz.