Os populares ourensáns esixen unha solución ao peche do CIMM

OurenseXa
Desde o Grupo Municipal do PPdeG en Ourense instan ao alcalde a alcalde a facer as obras no CIMM ou buscar un espazo que reuna as mesmas condicións
Concello_Ourense_recurso
Concello de Ourense, Praza Maior
16 Maio 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular levará ao vindeiro pleno do mes de xuño, unha moción para instar ao alcalde a facer obras no Centro de Información da Muller (CIMM) ou buscar outro espazo que reúna as mesmas condicións. "As mulleres de Ourense e usuarias deste servizo merecen unha atención digna e unhas instalacións  que cubran as súas necesidades e onde podan realizarse actividades formativas ou informativas, cursos, etc.", asegura a concelleira, Noelia Pérez.

Nesta liña, o Partido Popular considera un erro do goberno local a nova ubicación, pois tal e como denuncia a edil, “non é a idónea porque non permite atender as demandas e necesidades das mulleres de Ourense de forma individualizada e confidencial. Non se pode atender a unha muller vítima de violencia de xénero como se atende a quen vai solicitar un permiso para unha obra ou para facer o magosto”.

Os populares levan meses denunciando o desmantelamento dos servizos sociais e falta de sensibilidade do alcalde coas veciñas e veciños de Ourense, e entenden que "este cambio é un paso máis no caos dos servizos sociais". "Este é un exemplo máis que demostra que ao alcalde non lle importan as persoas en situación de vulnerabilidade e que traballar pola igualdade e polas mulleres non está na axenda do goberno municipal", lamenta Noelia Pérez.

Por outra banda, a concelleira asegura que "o Partido Popular non vai permitir que o goberno local desprece ás mulleres nin se ataque deste xeito aos seus dereitos". Neste senso explica a popular que "arranxar o edificio do CIMM é unha cuestión de vontade política. Neste edificio investironse hai trece anos máis de medio millón de euros para centralizar alí as políticas de igualdade. Non pode pecharse ahora por un capricho de non quere eliminar o gas radón. Mentras o resto de administracións e cidades traballan para acadar unha maior igualdade entre mulleres e homes, este alcalde pretende que Ourense retroceda.  Pregúntome ¿ que lle fixemos as mulleres de Ourense ao alcalde? ", conclúe.

0.19984006881714