Os Remedios celebra este sábado o I Torneo Cidade de Ourense de Fútbol Sala

Este sábado 4 de abril de 2026, as pistas central e anexa do Pavillón dos Remedios serán o escenario dunha xornada de fútbol sala nas categorías benxamín e alevín coa celebración do I Torneo Cidade de Ourense de Fútbol Sala, un evento que reunirá a equipos procedentes de distintos puntos de Galicia e tamén de Portugal.
A actividade dará comezo ás 09:00 horas e está dirixida a fomentar a práctica deportiva entre os máis pequenos, ofrecendo un espazo de convivencia e competición en idade temperá. Ao longo da mañá desenvolveranse varios encontros nos que os participantes poderán demostrar o seu nivel e gozar dunha experiencia deportiva compartida.