Os socialistas confirman que o Concello non recepcionará as obras realizadas pola Xunta na senda das Caldas

OurenseXa
Advirten ademais de que o Concello tampouco pediu polo de agora a licenza para construír o anunciado balneario
natalia-gonzalez
Natalia González
18 Mar 2025

Esta mañá, tras as preguntas da voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez, durante as Xuntas de Área, o edil do goberrno de DO responsable da carteira de Urbanismo non descartou volver a recuperar o proxecto de rehabilitación do edificio da rúa Trinidade 5, do que acaban de devolver un millón de euros de fondos europeos concedidos para a sua recuperación.

“Ademais, coñecemos que seguimos sen novas a día de hoxe do novo balneario de iniciativa privada, anunciado hai meses polo alcalde a bombo e platillo, no entorno das Caldas e que nin sequera pediron licenza para elo a día de hoxe”, explica a socialista logo da reunión.

No que atinxe a outras actuacións que se están a acometer na cidade, o goberno local respondeu tamén que non recepcionará a “chapuza” das obras na senda das Caldas que está a levar a cabo a Xunta de Galicia.

Por outra banda, e despois de informar o executivo local sobre un novo camping de iniciativa privada que se proxectaría en Regoalde (Beiro) afirmou o concelleiro, a preguntas da portavoz do PSdeG, que descartan recuperar o proxecto do camping de Untes.

Así mesmo, as e os socialistas insisten en que presentarán no Parlamento de Galicia, no día de hoxe, a través da deputada Carmen Rodríguez Dacosta unha batería de iniciativas ante a preocupación cidadá polas inminentes obras de demolición do CIS Novoa Santos e a futura reestruturación do servizo.

⚙ Configurar cookies
0.44638895988464