Os socialistas denuncian que o Concello non organizase un acto polo Día do Pobo Xitano

OurenseXa
Dende o grupo municipal sinalan que en todas as grandes cidades galegas, a nivel municipal, foron numerosos os actos de visibilización e recoñecemento deste colectivo en colaboración, a excepción de Ourense
psoe_concello_ourense
Natalia González, portavoz do PSdeG no Concello de Ourense
9 Apr 2024

Este luns, 8 de abril celebrouse o Día Internacional do Pobo Xitano, co que se conmemora a fundación da Unión Romaní Internacional en 1978. Esta etnia en toda Europa conforma a minoría máis grande do continente e, desgrazadamente, continúa a padecer unha gran discriminación e exclusión social na actualidade. No noso país viven arredor dunhas 750.000 persoas que pertencen a esta cultura.

Dende o grupo municipal sinalan que en todas as grandes cidades galegas, a nivel municipal, foron numerosos os actos de visibilización e recoñecemento deste colectivo en colaboración, na maioría dos casos, coa Fundación Secretariado Xitano, ademais dos realizados por parte de outras institucións públicas. Non obstante, Ourense é, de novo, a excepción posto que o actual goberno de Gonzalo Pérez Jácome non organizou ningún acto.

A portavoz do PSdeG no Concello, Natalia González, critica unha vez máis o “abandono total na área de Benestar Social, cunha concelleira inexistente e un rexedor sen sensibilidade nin empatía” e lamenta que os afectados sempre sexan os colectivos máis vulnerables da nosa sociedade.

Os e as socialistas apostan pola integración, a loita contra os prexuízos e a igualdade de dereitos e oportunidades para o pobo xitano o 8 de abril e durante todos os días do ano. Nesta liña, amosan a súa disconformidade con que o executivo local non tomase a iniciativa, como si fixeron outras administración homónimas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19990801811218