Os socialistas esixen a Jácome que aclare os detalles sobre a limitación horaria dos espazos deportivos

OurenseXa
Para os e as edís do PSdeG no Concello de Ourense “a medida restritiva do executivo local preséntase sen levar aparelladas outras alternativas"
Alba Iglesias e Natalia González, grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Ourense
Concello de Ourense
4 Sep 2024

As e os edís do grupo municipal socialista consideran, logo do anuncio realizado polo equipo de goberno de Gonzalo Pérez Jácome, que levar a cabo medidas como a da prohibición dos usos de parques e espazos deportivos públicos a determinadas horas de xeito unilateral é prexudicial para a veciñanza. “Dende o noso punto de vista deberían tomarse estas decisións dende o consenso político e social e non atendendo a caprichos e arroutadas do alcalde”, expón a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez.

En concreto, deuse a coñecer que o novo horario dos espazos públicos con carácter recreativo (entre os que se atopan os parques infantís, as instalacións deportivas e áreas similares) será posible só entre as 08.00 horas e as 23.00 horas para “facer compatible o desfrute co dereito ao descanso nocturno das persoas que residen na súa contorna”. E dende o grupo dos socialistas reclamarán coñecer os detalles desta nova limitación.

“A medida restritiva do executivo local preséntase sen levar aparelladas outras alternativas, sen saber cando, como, onde ou quen vai a ter a responsabilidade para o seu cumprimento de ser preciso”, engade sobre un cambio no uso destes espazos que se anunciou de xeito abrupto e unilateral e que a veciñanza está a coñecer a través dos carteis que se situarán nos mesmos estes días.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19572687149048