Os socialistas esixen á Xunta que corrixa as obras realizadas na contorna do centro de saúde da Ponte

O grupo parlamentario do PSdeG presentará unha batería de iniciativas para instar ao goberno autonómico a que corrixa “á maior brevidade” a intervención realizada na contorna das instalacións sanitarias. Os socialistas denunciaron fai unhas semanas o que cualifican de “chapuza”, referíndose ás intervencións levadas a cabo pola Xunta de Galicia na contorna do centro de saúde de A Ponte
En concreto, as e os socialistas reclamarán, da man da deputada Carmen Rodríguez Dacosta, que se retiren os neumáticos empregados e se “mude o céspede artificial por unha alternativa respectuosa co medio ambiente”. Nesta liña, o PSdeG sinala que “as actuacións en materia de Urbanismo deberían implicar maior rigor no canto de atentar contra a saúde da cidadanía”.
Así mesmo, preguntarán ao executivo de Alfonso Rueda non só se considera que a intervención realizada é a adecuada e sostible medioambientalmente, senón cal foi o orzamento destinado a ela e se vai retirar os microplásticos e o céspede artificial.
“Non é a primeira vez que o goberno galego atenta contra o centro de saúde de A Ponte posto que xa foi presa de converterse nunha glorieta coa construción da estación de autobuses”, remata lembrando a socialista.