Os socialistas logran o interese do Concello de Ourense para instalar un memorial ás vítimas do franquismo na cidade

OurenseXa
Porén, lamentan que que o executivo local desbote a posibilidade de convocar o Consello Municipal de memoria Historia para abordar este e outros asuntos de relevancia
psoe-concello-ourense-orzamntos-natalia-gonzalez-alba-iglesias
Natalia Gonzáles e Alba Iglesias
4 Aug 2025

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Ourense agradeceu ao goberno local, liderado por Gonzalo Pérez Jácome, o interese mostrado para levar adiante a proposta socialista de situar un conxunto escultórico na praza do complexo cultural de San Francisco, un lugar onde durante a guerra civil e o franquismo foron fusiladas máis de cen persoas.

O edil de Democracia Orensana, Armando Ojea, avanzou no pleno ordinario de agosto que o executivo valora a posibilidade de instalar nesta zona unha homenaxe que recorde “a memoria das persoas que se mantiveron fieis ao seu cargo institucional e á legalidade institucional e, ao mesmo tempo, que transmita a senrazón” dos asasinatos cometidos.

Desde o PSdeG consideran que a creación deste conxunto escultórico supón unha débeda histórica coa cidade que non debe depender exclusivamente da aportación económica doutras administracións, como a Deputación ou a Xunta de Galicia.

Ademais, as e os socialistas lembran a reivindicación que manteñen desde hai anos para que se cumpra o acordo plenario aprobado hai sete anos, no que se solicitaba denominar Praza da República ao Campo de Aragón, situado entre a Biblioteca Nós, o Arquivo Histórico Provincial e a Escola Municipal de Música e Artes Escénicas, para aplicar a Lei 20/2022, de 19 de outubro de 2019, de Memoria Democrática.

Por outra banda, a voceira do grupo municipal socialista e secretaria xeral do PSdeG en Ourense, Natalia González, expresou o seu rexeitamento ante a decisión do executivo local de non convocar o Consello Municipal de Memoria Histórica para tratar esta e outras cuestións relevantes. Segundo González, “no que respecta a nosa cidade queda moito por facer, tanto pedagóxica como democraticamente, para comezar a reparar o dano ocasionado pola guerra civil e o franquismo e entendemos que unha comisión efímera, que foi a opción proposta polo edil Armando Ojea, non será suficiente”.

⚙ Configurar cookies
0.13925290107727