Os socialistas ourensáns apostan pola dinamización do partido

OurenseXa
O Grupo Municipal Socialista presentou a súa programación ata o verán para dinamizar máis o partido e achegalo á cidadanía
Executiva_psoe_Ourense
Comisión Executiva do PSdeG-PSOE de Ourense
3 Abr 2024
A agrupación municipal do PSdeG de Ourense levará a cabo dúas asembleas extraordinarias, este mes, para elixir a delegación ao Congreso Nacional Extraordinario do PSdeG do día 28 e a candidatura ás próximas Eleccións Europeas 2024.
“Defendemos a participación e implicación da agrupación, en particular, e da cidadanía, en xeral, na semana da República, a Festa dos Maios e o Día das Letras Galegas. Trátase de celebracións senlleiras e importantes en Ourense”, afirmou a secretaria xeral do partido na cidade, Natalia González benéitez.
“O ano pasado participamos por primeira vez na nosa historia coa elaboración dun maio e unha copla. Nesta ocasión, a maiores, contaremos cun obradoiro para todos aqueles e aquelas que desexen aprender a crealos”, explicou sobre unha actividade que será aberta á cidadanía e coa que perseguen fomentar esta data sinalada no almanaque.
Mais antes, o Día Internacional das e dos Traballadores, as e os socialistas organizarán o tradicional acto, en colaboración coa UGT e XX.SS., e a ofrenda ao fundador do partido, Pablo Iglesias Posse, para rematar participando na manifestación que se convoque.
A homenaxe a Luisa Villalta será outro dos eixos vertebradores na programación da agrupación este segundo trimestre. “Recordaremos a súa obra e contaremos cunha actuación musical nun evento para todas as idades”, afirmou a tamén voceira no Concello de Ourense do PSdeG.
A toda esta programación, as e os socialistas de Ourense sumarán un plan de formación para os cargos públicos e a militancia que incluirá cursos de comunicación, oratoria e redes sociais, ou mesmo o coñecemento da administración local, que impartirán profesionais da propia organización e persoas recoñecidas a nivel nacional nos mencionados eidos.
0.20596504211426