Os socialistas piden ao Concello de Ourense que dea información sobre o apagón “despois de horas en silencio”

OurenseXa
“Non hai escusas, hai que actuar con responsabilidade e dilixencia institucional á marxe do labor que realizan sempre en circunstancias adversas e excepcionais as forzas e corpos de seguridade”, incidiu a portavoz, Natalia González Benéitez
natalia-gonzalez-psoe-ourense
Natalia González Benéitez
29 Apr 2025

Os socialistas esixiron ao Concello de Ourense que reaccionen, actúen e transmitan información á cidadanía despois de horas en absoluto silencio. “Non hai excusas, hai que actuar con responsabilidade e dilixencia institucional á marxe do labor que realizan sempre en circunstancias adversas e excepcionais as forzas e corpos de seguridade”, incidiu a portavoz e secretaria xeral do partido na cidade.

Ademais, explican que dende o seu grupo e tal e como lle trasladou ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e ao concelleiro de Seguridade a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González Benéitez, puxéronse á enteira disposición do executivo local para todo aquelo no que poidan colaborar ou aportar ante esta difícil situación.

Agardan, así mesmo, que todo o subministro eléctrico sexa restablecido ao longo da mañá para que toda a veciñanza da cidade poida recuperar a normalidade o máis pronto posible e agradecen aos traballadores e traballadoras esenciais que, novamente, volveron a poñerse do lado do interese xeral trasladando seguridade e tranquilidade.
O Concello, pola súa banda, segue sen emitir ningún tipo de comunicado oficial, máis aló do que publicou o alcalde nas súas redes sociais, canle habitual de comunicación nos últimos meses. As redes do Concello foron actualizadas no día de onte para promocionar a Festa dos Maios e a publicación anterior data do 3 de marzo.

⚙ Configurar cookies
0.17667388916016