Os socialistas reclaman “información urxente sobre a situación económica real” do Concello de Ourense
O grupo municipal socialista manifestou na Xunta de Voceiros, que tivo lugar o venres pasado, a súa postura ao respecto das distintas modificacións de crédito que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e o equipo de goberno queren levar a pleno. A portavoz do PSdeG manifesta que esixirán “solucións urxentes” á problemática xerada propio rexedor “en materia de persoal e seguridade cidadá” e reclamou “información urxente sobre a situación económica real” do Concello de Ourense.
“A día de hoxe non obtivemos resposta algunha, máis ben todo semella empeorar por momentos”, afirma. E engadiu que no dia de mañá o grupo municipal socialista celebrará a reunión onde decidirán, sinala, “con total autonomía e responsabilidade” cal será a súa posición definitiva.
“Agradecemos ao BNG que despois de gardar silencio tomara unha decisión definitiva e a trasladara publicamente, xa que como todos sabemos o executivo en minoría foi sacando adiante asuntos económicos pola ausencia dun fronte común dos tres partidos, principalmente, todo hai que dicilo, pola falla de valentía e independencia do grupo municipal do PP”, remata a tamén secretaria xeral do PSdeG en Ourense.