Os traballos no corredor Ourense-Monforte acumulan máis dun ano e medio de retrasos
A Xunta advirte da falta de transparencia do Goberno central con Galicia en materia de servizos ferroviarios ao incumprir os compromisos adquiridos e con anuncios cambiantes debido a unha falta de planificación e dunha xestión rigorosa. Neste senso, o Goberno galego esixe ao Executivo estatal un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para informar do estado das obras pendentes e das causas dos retrasos dos distintas liñas e infraestruturas.
Destaca como o exemplo máis recente, a prolongación do corte da vía férrea entre Monforte de Lemos e Ourense que, en principio estaba previsto por oito meses -de novembro de 2022 a xullo de 2023-, e que xa se demora máis de ano e medio. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) anunciara que neste mes de abril estarían rematados os traballos de modernización do corredor Ourense-Monforte-Lugo e o avance actual das obras demostra que, de novo, o Goberno central non vai cumprir con este novo prazo.
Deste xeito, seguirá sen restablecerse o servizo o parte do percorrido que realizan case unha trintena de trens ten que realizarse en autobús, ao igual que os usuarios dos seis trens por sentido diarios do traxecto entre Monforte e Ourense -tanto de liñas da propia comunidade ou procedentes de Castela e León- veñen facendo o tramo de maneira alternativa durante os últimos 16 meses por mor dos retrasos das obras
A Xunta denuncia que este retraso súmase a outras “promesas incumpridas” como os constantes aprazamentos dos trens Avril de Avlo a Galicia, ao mesmo tempo que se lles dea prioridade a estes servizos noutros territorios nos que Renfe ten competencia. Por iso, o Goberno galego propón que en compensación aos agravios derivados da falta de planificación nas obras que provocan os retrasos, se equiparen os prezos dos trens de alta velocidade aos de Avlo nos destinos de Galicia, alomenos nunhas 2.000 prazas diarias que corresponderían a 4 frecuencias cos trens Avlo.