Os tractores continúan cortando a N-120 na cidade de Ourense

GaliciaXa | OurenseXa
Decenas de manifestantes continúan fronte ao centro comercial Ponte Vella tras as fortes protestas desta fin de semana
tractorada-ourense
19 Jan 2026

Decenas de agricultores e gandeiros continúan este luns na N-120 á altura do Centro Comercial Ponte Vella para protestar contra o acordo UE-Mercosur. A tractorada, que regresou con gran forza á cidade este domingo, continúa cortando unha das principais vías de comunicación da capital.

Durante toda a fin de semana rexistráronse actos simbólicos de protesta nas entradas á cidade, no marco dunha mobilización que continuará de forma indefinida ata que se esclarezan as consecuencias do acordo con Mercosur para o futuro do sector agrogandeiro galego.

⚙ Configurar cookies
0.10440111160278