Os VI Premios Campus Auga recoñeceron once traballos de investigación
Os VI Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga premiaron once traballos realizados por persoal docente e investigador e alumnado da Universidade de Vigo, que abordan temas de alimentación funcional, agricultura e medio ambiente e xestión de recursos hídricos.
Estes galardóns están convocados pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e financiados a través do convenio de colaboración que ten asinado a Universidade de Vigo coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para financiar o Campus Auga e do convenio que ten coa empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU.
Os premios están dotados cun orzamento total de case 9.000 euros, e teñen como obxectivo recoñecer e estimular os esforzos das e dos investigadores que contribúan a desenvolver a especialización do campus de Ourense, o chamado Campus Auga.