Ourense acolle este sábado a vixésimo oitava edición dos Special Olympics Galicia 2024

OurenseXa
O Pacto Paz reunirá a 165 deportistas nesta nova edición dos Xogos autonómicos de baloncesto para persoas con discapacidade intelectual de Special Olympics Galicia 2024
Presentación de Special Olympics Galicia 2024 en Ourense
Presentación de Special Olympics Galicia 2024 en Ourense
17 Oct 2024

A cidade de Ourense acollerá este sábado, 19 de outubro, a edición número 28 dos Xogos autonómicos de baloncesto para persoas con discapacidade intelectual de Special Olympics Galicia 2024. A actividade reunirá no Pazo Paco Paz un total de 165 xogadores acompañados de 35 adestradores procedentes de 9 entidades das 4 provincias galegas.

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu este xoves a presentación dos xogos, nun acto no que participaron Aníbal Pereira, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello de Ourense; Patricia Torres, deputada provincial de Política Social, Conciliación e Envellecemento Activo; Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta; Isaac Otero, vogal da xunta directiva de Special Olympics Galicia, e Javier Rodríguez, presidente da asociación local ASPANAS, e dous deportistas da entidade que participarán nestes xogos.

En total son 9 as asociacións participantes, das cales 4 proveñen da provincia de Ourense (Aspanas, As Burgas e ADO de Ourense, e Asfaval do Barco), 3 de Lugo (San Vicente de Paul de Lugo, CAPD Sarria e Prodeme de Monforte), 1 da Coruña (Apader de Cedeira) e 1 de Pontevedra (San Francisco de Vigo). A asociación anfitrioa, ASPANAS, participa con 15 xogadores e 4 adestradores.

A actividade comezará ás 10.45 horas co desfile dos deportistas. Posteriormente un atleta da asociación ASPANAS lerá o lema dos deportistas de Special Olympics “Quero gañar, máis se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”. Unha vez rematado o desfile procederase á inauguración oficial dos Xogos por parte do grupo de autoridades.
A competición, con diferentes niveis e probas, desenvolverase de 12.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas, para rematar a continuación co acto de clausura.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18574786186218