Ourense acolle este sábado a IX Copa Deputación de Natación Sincronizada
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de 8 clubs de toda Galicia.
Este trofeo contará con competicións divididas nas categorías prebenxamín, benxamín, prealevín, infantil e junior. A maiores, haberá tamén exhibición dos máis cativos.
Na presentación desta proba participou o vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, coñeceu esta mañá no Pazo Provincial os detalles desta proba xunto co xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o concelleiro de Deportes en Ourense, Aníbal Pereira; e membros da directiva do Club Sincro Ourense como a súa vicepresidenta, Alba Lojo; e a directora técnica, Beatriz Montes.