Expourense acolle o I Mitin Internacional Transfronteirizo esta fin de semana

OurenseXa
A pista cuberta de Expourense acolle esta finde semana o I Mitin Internacional Transfronteirizo 2 Paises-1 destino e o Trofeo Ibérico de Probas Combinadas sub18 e sub20
expourense_mitin_transfronterizo
Presentación do I Mitin Internacional Transfronteirizo en Expourense
12 Mar 2024

A pista cuberta de Expourense presentou hoxe o I Mitin Internacional Transfronteirizo 2 Paises-1 destino e o Trofeo Ibérico de Probas Combinadas sub18, e sub20. As probas que se celebrarán, durante esta fin de semana, serán as últimas da tempada e as primeiras de carácter internacional que se disputan na pista cuberta de Expourense, cunha inscrición de máis de 300 atletas.

A tempada deste ano arroxa unha cifra récord de competicións cun total de 37 eventos, sen contar ás máis de 120 sesións de adestramentos, o que supón que preto de 30.000 persoas que pasaron polas instalacións da Fundación Expourense, na modalidade de atletismo. "Se sumamos tódolos eventos, ferias e congresos, a cifra convirte ás nosas instalacións nun verdadeiro referente tanto na cidade coma na provincia e na comunidade" apuntan dende a Deputación.

Dende a Fundación Expourense afirman que "este Trofeo Ibérico de Probas Combinadas sub18, e sub20 que xunto co Mitin Internacional Transfronteirizo 2 Paises-1 destino supón un fito no camiño na historia desta pista, xa que é a primeira competición de carácter internacional que se celebra nela, na que agardamos sexa un verdadeiro éxito, e que nos achegue máis se se pode ao noso país veciño, no que moitas falamos de 2 países-1 destino. Esperamos poñer o noso pequeno grao de area para que algún día exista un espazo de competición común entre norte de Portugal e España".

Na presentación destas probas estivo o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández. "Cóntase cunha inscrición de máis de 300 atletas, que entre técnicos, persoal federativo e xuíces atraerán a nosa cidade a preto de 500 persoas", destacan dende a institución provincial.

"A Real Federación Española de Atletismo, segue a elixir ás nosas instalacións para probas do seu calendario" engaden dende Expourense.

Trofeo Ibérico de Probas Combinadas sub18, e sub20

O Trofeo Ibérico disputarase o sábado 16 de marzo en horario de tarde, de 16:00 horas a 21:00 horas, e o domingo 17 de marzo en horario de mañá, de 10.30 horas a 13:45h horas.

Para esta competición preseleccionáronse 12 atletas (seis homes e seis mulleres) tras cumprir cos criterios establecidos polo seleccionador José Peiró e a Dirección Deportiva da RFEA.

En categoría sub20 encabezan a lista os dous recentes campións de España desta pasada fin de semana en Salamanca: Diego Darias (5.356 puntos) e Celia Marcos (3.516). Completan o equipo Adrián Priego (5.281) e Salvador García (5.135), o podio completo masculino en Salamanca, así como a subcampioa de España sub20 Irene Bravo (3.497) e a atleta que lidera a clasificación do ano, Laura Martínez (3.601), que en Salamanca fíxose co título de campioa de España de lonxitude.

En categoría sub18, o sexteto formarano os dous podios completos do Campionato de España sub18 de Sabadell: os campións Hugo Senent (4.983) e Itsaso Madariaga (3.761), xunto con Jesús González (4.930), Marcos Fernández (4.918), Celia Fernández (3.690) e Lara Cruz (3.525).

Por parte do equipo portugués, o sub18 compóñeno Denis Hrabar, Gabriel Cubha, Rafael Morgado en homes e Alice Varino, Carolina Frada e Natacha Candé en mulleres, e o equipo sub20 fórmano Bernardo Cunha, Célio Quaresma e Guilherme Tavares en homes e Anastácia Gula, Catarina Filipa Vieira e Beira Goucha en mulleres.

 

0.13768792152405