O Pazo dos Deportes Paco Paz acolle o XII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica

OurenseXa
O Pazo dos Deportes de Ourense será a sede do XII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica "Ourense a provincia termal" dende este xoves ata o vindeiro 31 de marzo
torneo_internacional_ourense_provicia_termal
Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica
28 Mar 2024

Ourense celebra a edición número doce do XII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica "Ourense a provincia termal". A competición terá lugar os días 28, 29, 30 e 31 de marzo no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

O torneo está organizado polo Club Marusia e conta coa colaboración do Concello de Ourense, da Depuración de Ourense e da Xunta de Galicia.

Nesta edición, daranse cita máis de 1.400 ximnastas procedentes de: Ucraína, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Romanía, Italia, Armenia e de España, virán de Baleares, Andalucía, Madrid, Castela A Mancha, A Rioxa, País Vasco, Asturias e Galicia. Volverán a participar ximnastas da Selección Española. Este torneo logrou un importante incremento no número de participantes desde os seus comezos, pasando así dos 165 ximnastas na primeira edición de 2011 aos 1.300 o ano pasado (2023).

"Con este tipo de eventos deportivos contribúese a fomentar o deporte feminino, particularmente a ximnasia rítmica na nosa provincia; a axudar ao tecido produtivo do territorio a través do turismo deportivo; a fomentar os valores ligados ao deporte, e a reivindicar o posicionamento de Ourense no ámbito deportivo nacional e internacional", sinala vicepresidente segundo da Deputación de Ourense e deputado de Deportes, César Fernández.

 

0.1932270526886