Ourense acollerá a vindeira semana o XII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica

O Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense acollerá esta Semana Santa o XII Torneo Internacional de Ximnasia Rítmica "Ourense a provincia termal".
A cita terá lugar do 28 ao 31 de marzo e está organizada polo Club Marusia coa colaboración da Deputación de Ourense, do Concello e da Xunta de Galicia.