Ourense acollerá en xuño unha iniciativa para poñer en valor o deporte feminino na provincia

OurenseXa
O programa ‘Nena e Deporte 2025’ contará coa participación de seis destacadas deportistas ourensás: Pino Díaz, Zulema González, Vane Sotelo, Uxía Boimorto, Marta Míguez e Aroa Muñoz
xornadas-nena-e-deporte-ourense
16 Apr 2025

“De nenas a referentes ourensás” e o título dunha xornada, organizada pola Deputación, que porá en valor o deporte feminino da provincia a través da figura, traxectoria e exemplo de seis destacadas deportistas ourensás: Pino Díaz, Zulema González, Vane Sotelo, Uxía Boimorto, Marta Míguez e Aroa Muñoz.

Con esta acción, Nena e Deporte 2025, que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel no mes de xuño, a Deputación quere enxalzar a figuras destacadas do deporte feminino, para que sirvan de exemplo para as vindeiras xeracións de deportistas. Por este motivo, esta acción estará aberta aos clubes da provincia.

A práctica do deporte é unha parte fundamental da sociedade e da cultura e pode servir como instrumento de socialización. Por este motivo, a actividade de Nena e Deporte 2025 está deseñada para sensibilizar a mozos e a quen lles rodea, sobre a importancia de promocionar valores por exemplo o da igualdade de xénero.
As deportistas participantes na actividade estarán en rangos de distintas idades. O obxectivo é que acheguen distintos puntos de vista, acordes á súa experiencia, en relación á igualdade e transmisión de valores no deporte en idade escolar.

Figuras destacadas do deporte ourensán

Vane Sotelo, xogadora española de fútbol sala, estivo nomeada como mellor xogadora do mundo nos anos 2014, 2015 e 2020. Debutou o 4 de novembro de 2014 coa selección española nun partido amigable contra Hungría. Foi dúas veces bota de ouro nos mundiais disputados en Costa Rica e Guatemala. No ano 2019 participou na primeira Eurocopa de fútbol sala feminino, sendo a primeira xogadora en anotar un gol, tamén foi elixida mellor xogadora do torneo e alzouse coa medalla de ouro.

Zulema González é árbitra de fútbol da Primeira División Iberdrola Feminina e foi árbitra internacional. Arbitrou partidos da fase previa da Champions League Feminina, Liga das Nacións da UEFA Feminina, a final da Copa da Raíña, a clasificación para a Eurocopa feminina e a fase previa para o Mundial. Pertence ao Comité de Árbitros de Ourense e actualmente dirixe encontros da Terceira Federación Nacional.

Marta Míguez foi lanzadora de xavelina e adentrouse no deporte seguindo as pegadas da súa irmá María Asunción, `Nucha”, que foi a que comezou a lanzar xavelina e tras ela, facendo o mesmo, estivo Marta. Antes de inclinarse pola xavelina, Nucha e Marta probaron no balonmán. Campioa de España Júnior (1992), Campioa de España Absoluta (1998 a 2002), recordwoman de España Absoluta (1999, 2000 e 2002), primeira muller española que participa en xavelina nuns Xogos Olímpicos. Desde ou ano 2002 ostenta o recoñecemento como Deportista de Alto Nivel. Competiu representando a España tanto nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, coma nos Xogos do Mediterráneo, no ano 2001 en Tunisia, e nos Campionatos do Mundo de Atletismo do 2002 en Madrid. A súa mellor marca persoal é de 59,43 metros, acadada en xullo de 2001 en Valencia, que é ademais o récord galego da especialidade.

Pino Diaz é unha das grandes ximnastas españolas durante a primeira metade dos anos 80. Pertenceu ao Club 2000 de Ourense, e foiadestrada por unha das técnicas máis recoñecidas naquel momento, Aurora Martinez Vidal, e máis tarde, formando xa parte da selección, por Emilia Boneva. Representou a España, tanto en modalidade individual (europeos de Stavanger, Noruega 1982), como na de conxuntos e individual á vez (Mundial de Estrasburgo, Francia 1983).

Aroa Muñoz, fisioterapeuta colaboradora da Federación Española de Atletismo, pertenceu a clubs de atletismo como CD A Purísima e actualmente pertence ao Club Ourense Atletismo que compite na modalidade de velocidade de 400 m, na que está na fase de ascenso á primeira categoría Nacional. Medallista autonómica no 400m
Uxía Boimorto: Árbitra ourensá de fútbol base que foi seleccionada para dirixir partidos do Campionato de España sub 14 e sub 16 feminino. Actualmente atópase na primeira futgal e é a única muller nesta categoría do fútbol provincial. Actualmente pertence ao programa Futuro da RFEF para un posible paso á segunda división feminina do fútbol Nacional.

⚙ Configurar cookies
0.12843489646912