Ourense acollerá este domingo a V Carreira da Muller
As rúas da cidade acollerán este domingo, 3 de marzo, a quinta edición da Carreira da Muller de Ourense, organizada por Club Runmaniak Box001 Ourense, coa colaboración do Concello. A proba popular, non competitiva, terá saída e meta na Praza Maior desde as 11.00 horas e consistirá nunha ruta de 5 kilómetros polo centro histórico e as marxes do Barbaña. Tamén haberá unha carreira inclusiva, para persoas de mobilidade reducida, de 1 kilómetro, ás 10.50 horas.
O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación desta actividade, que pretende fomentar o deporte entre persoas de todas as idades e reivindicar o papel da muller no mundo do deporte, no marco da celebración, o vindeiro día 8 de marzo, do Día Internacional da Muller 2024. Participaron na presentación o presidente do Club Runmaniak Box001 Ourense, Lalo Arce, a concelleira de Igualdade, Noa Rouco e o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira.
As persoas interesadas poden inscribirse até mañá, mércores, 28 de febreiro, a través da web www.sportsmaniacs.com. O prezo é 3 euros para persoas maiores de 16 anos, gratuíta para menores e para participantes na carreira inclusiva,
A proba mantén o percorrido das edicións anteriores: Praza Maior, Avenida de Pontevedra, Desengano, As Burgas, marxe dereita do río Barbaña, Avilés de Taramancos, Pardo de Cela, marxe esquerda do Barbaña, Pura e Dora Vázquez, Vila Valencia, Praza de Abastos, As Burgas, Cervantes, Praza da Ferrería, Pelaio, Saco e Arce, Dous de Maio, Herná́n Cortés, Praza do Trigo, Cardeal Cisneros, A Unió́n, Fornos, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lá́zaro, Paseo, Lamas Carvajal e Praza Maior
A carreira inclusiva, de 1 km, percorrerá a Praza Maior, rúa das Tendas, rúa da Paz, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lá́zaro, Paseo, Lamas Carvajal e meta na Praza Maior