Ourense acollerá no mes de xuño o ‘Torneo fútbol cadete Ourense a provincia termal’

OurenseXa
Os equipos participantes serán o Real Club Celta de Vigo, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Atlético de Madrid, Oporto Fútbol Club, e Pabellón Ourense Club de Fútbol
presentacion-futbol-cadetes-ourense
Presentación do ‘Torneo fútbol cadete Ourense a provincia termal’
28 May 2025

O estadio do Couto acollerá entre o 12 e o 15 de xuño unha competición singular: o torneo de fútbol cadete “Ourense, a provincia termal”, na que participarán o Real Madrid, Atlético de Madrid, Real Club Celta de Vigo, Athletic Club de Bilbao, Oporto e Pabellón CF.

Esta cita deportiva, que terá un compoñente solidario (todos os encontros serán gratuitos agás a final, cuxa recadación será doada íntegramente á Fundación Juan Soñador), está organizada polo Pabellón CF e conta coa colaboración da Deputación Provincial, do Concello de Ourense e da Xunta de Galicia. Na presentación deste evento participaron o presidente provincial, Luis Menor; a concelleira de Facenda do Concello de Ourense, Tamara Silva; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e o responsable da organización do torneo, Paco Doforno, así como o presidente do Pabellón CF, Fernando Martínez. Tamén asistiu o xogador ourensán do Celta de Vigo, Hugo Álvarez; e a representante da Fundación Juan Soñador, Nuria Delgado.

Ao igual que os demáis representantes institucionais, Luis Menor puxo en valor a importancia da cooperación institucional para a organización deste encontro, “un evento froito da unión institucional que nos enche de orgullo”, recalcando que é “unha honra” colaborar para recuperar este torneo que sempre foi un referente.

“É moi importante recuperar este escaparate do fútbol e que inspira á nosa canteira, potenciándoa e poñéndoa en valor”, explicou Menor, quen quixo falar “como ourensán, como afeccionado ao fútbol e como pai dun xogador que foi do Pabellón CF”. Menor explicou que este torneo non só sirve para promocionar a provincia termal, senón que conta cun aspecto solidario “que nos fai sentir moi orgullosos”.

Por último, Menor animou a toda a afección ourensá a acudir a este torneo, deixando claro que “aínda que todos somos de moitos equipos, eses días en Ourense teremos moi claro a quen apoiaremos e vestiremos a camiseta do Pabellón CF”.

⚙ Configurar cookies
0.17292189598083