Ourense acollerá o V Congreso Internacional da Auga

OurenseXa
A cita, que terá lugar entre o 25 e o 27 de setembro, poñerá especial atención aos temas relacionados co eido empresarial e turístico
campus-de-ourense-rrii
Campus de Ourense
24 Xuño 2024

Do 25 ao 27 de setembro, a Universidade de Vigo celebrará o V Congreso Internacional da Auga, que nesta ocasión leva por título A auga como recurso sostible: ciencia, empresa e benestar. A iniciativa forma parte das accións do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado pola Xunta de Galicia. Ao igual que en anteriores edicións, o principal obxectivo deste evento será ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados cos recursos hídricos.

Cada edición, a organización do congreso rota entre as diferentes facultades e escolas do campus de Ourense. Así, nesta ocasión, a cita será organizada pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, ademais da Vicerreitoría do Campus de Ourense, e conta co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense. A programación desenvolverase os días 26 e 27 na citada facultade. Previamente, o día 25 pola tarde, as e os seus participantes incorporaranse á celebración da feira Termatalia en Expourense.

0.21534705162048