Ourense acolleu o XVIII Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas
A Sala municipal Valente acolleu a clausura do XVIII Congreso Internacional de Investigación en Relacións Públicas, nun acto ao que asistiu o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, xunto coa directora do Congreso, Ana Belén Fernández, o director do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, José Rúas e o presidente da Asociación de Investigadores en Relacións Públicas (AIRP), Antonio Castillo.
O certame, co título “As relacións públicas no mundo da desinformación”, reuniu esta semana na cidade medio centro de profesionais do sector, que participaron nas diferentes actividades programadas, O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome recibiunos e deulles a benvida á cidade o mércores pola tarde no salón de plenos.