O Concello amplía a programación do Magosto cun DJ en Santa Eufemia o luns pola noite

OurenseXa
A noite do luns haberá festa con DJ na Praza de Santa Eufemia, mentres que o Magosto oficial comezará o martes pola tarde na Praza Maior, Bispo Cesáreo e a Alameda
carpas-ourense-santa-eufemia-recurso
9 Nov 2025

O Concello de Ourense anunciou unha ampliación do programa do Magosto 2025, que incluirá unha sesión DJ na noite do luns 10 de novembro, véspera da celebración principal. A cita será na Praza de Santa Eufemia, desde as 22:00 ata as 03:00 horas, cunha proposta musical para animar o ambiente no centro da cidade.

A festa continuará o martes 11 de novembro, coa Praza Maior, Bispo Cesáreo e a Alameda (rúa do Progreso) como escenarios principais da xornada. A partir das 18:00 horas, o magosto tradicional ofrecerá castañas asadas de forma gratuíta, ademais dunha zona gastronómica con chourizo asado con bolo de masa nai, viño ou auga por un prezo simbólico de 3 euros, xunto con callos e porco ao espeto.

A xornada contará tamén con actuacións musicais. Na Praza Maior, de 18:00 a 19:30 horas, celebrarase un concerto de música tradicional a cargo de Brañas Folk, coa colaboración de Verónica Codesal, Pancho Álvarez, María Jorge e o grupo de gaiteiros “De pé feito”, baixo a coordinación de Gonzalo Abelairas.

Pola súa parte, na Alameda, desde as 19:00 ata as 22:00 horas, a Orquestra Olympus poñerá o ritmo da verbena co seu espectáculo, que servirá de broche final á celebración do San Martiño 2025.

⚙ Configurar cookies
0.073182106018066