O Concello de Ourense aposta por naturalizar os alcorques da cidade

OurenseXa
O Concello de Ourense sumouse á celebración do Día do Medio Ambiente coa acción Bi-OU alcorques, na rúa do Paseo
O Concello de Ourense aposta por naturalizar os alcorques da cidade
6 Jun 2024

O Concello de Ourense sumouse á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente coa acción BI_OU alcorques. O tenente de alcalde, José Ignacio González, e os concelleiros de Medio Ambiente, Urbanismo e Obras Públicas, Francisco Lorenzo e Contratación, Ana Fernández, asistiron na rúa do Paseo ao acto simbólico no que se realizou o levantamento do pavimento de resina de 4 escavas da rúa do Paseo, que será substituído por plantas de temporada. Con este acto simbólico, o Concello adianta o seu obxectivo de naturalizar os alcorques (as escavas) da cidade, cunha acción que se levará a cabo durante o mes de xuño en toda a rúa do Paseo e estenderase no futuro en todas as escavas da cidade onde sexa compatible coa mobilidade peonil.

O concelleiro de Medio Ambiente, Francisco Lorenzo, explicou que esta é unha iniciativa “encamiñada á naturalizacion dos alcorques da cidade, polo que imos retirar o pavimento de resina, que co tempo se tupe e fai sufrir a árbore, por plantas de temporada”. A acción de hoxe, explicou “é un símbolo do que queremos facer no futuro: naturalizar estes espazos e sementalos con planta silvestre. Queremos que sexa a tendencia en alcorques e xardineiras baixas da cidade”, concluíu. Esta liña de actuación, detallou o concelleiro de Medio Ambiente, “é mellor para as árbores e tamén para a xestión hídrica, porque o pavimento pasa de ser impermeable a permeable e cando hai chuvias gañamos retención de auga, polo que favorece tamén o saneamento da cidade”.

0.16402292251587