O Club Ourense Atletismo regresa do Galego Sub20 con cinco medallas

O Campionato Galego Sub20, celebrado esta fin de semana en Santiago, deixou un balance positivo para o Ourense Atletismo, que sumou varias medallas pese a non lograr ningún ouro.
En categoría masculina, Matías Regueiro acadou o bronce nos 3.000 metros obstáculos cun tempo de 10:15.37; Samuel Banga foi terceiro en triplo salto cun mellor intento de 12,70 metros; e Daniel Villanueva logrou a prata en lanzamento de martelo de 6 kg cun rexistro de 51,24 metros.
Na categoría feminina, Laura Freire conseguiu a prata nos 100 metros lisos cun tempo de 12.75, mentres que o relevo 4×100 feminino subiu tamén ao podio co bronce grazas a unha marca de 52.18.