Ourense conmemora o Día da Muller con actividades ao longo de todo o mes
O Concello de Ourense celebra o 8-M, Día Internacional das Mulleres 2024 cunha programación de actividades co lema “Todas somos diferentes” que se desenvolverán durante as vindeiras semanas. A carreira da muller do pasado domingo foi a primeira das citas que se sucederán na cidade, ás que se sumarán nos próximos días un acto institucional no salón de plenos, a entrega do XVIII Premio Clara Campoamor ao grupo The Tetas´ Van, unha charla, actividades para estudantes de diferentes ciclos formativos, como unha exposición, teatro, contacontos, un cluedo e un Escape Room; e obradoiros de sexualidade para asociacións de nais e país. Estas son as propostas:
Martes, 5 de marzo. Inauguración da exposición "Flora", no Edificio de Ferro.
Mércores, 6 de marzo. Obra de teatro "Insubmisa", ás 11.30 no Auditorio Municipal.
Xoves, 7 de marzo. Charla de mulleres, ás 19.00 horas no Mur Marxinal.
Venres, 8 de marzo. Acto institucional polo Día da Muller no salón de Plenos do Concello de Ourense, con lectura de manifesto (FEGAMP).
Luns, 11 de marzo. Obra de teatro "O Tesouro", nos CEIP Manuel Sueiro, Mestre Vide, A Ponte e no CEIP de Prácticas, e entrega do XVIII Premio Clara Campoamor ás 20.00 horas no Liceo de Ourense.
Martes, 12 de marzo. Cluedo pola igualdade (Yuka Animación), ás 9.20 horas no CEIP Irmáns Vilar.
Luns, 18 de marzo. Obradorio de sexualidade para ANPAS, destinado aos alumnos de primaria, ás 17.00 horas no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM).
Martes, 19 de marzo. Obradorio de sexualidade para ANPAS, destinado aos alumnos de primaria, ás 17.00 horas no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM).
Xoves, 21 de marzo. Escape Room "Estrelas", ás 9.20 horas no IES 12 de Outubro.
Luns, 25 de marzo. Actividades de conciliación para escolares no Espazo Coeduca.
Martes, 26 de marzo. Actividades de conciliación para escolares no Espazo Coeduca.
Mércores, 27 de marzo. Actividades de conciliación para escolares no Espazo Coeduca.
Luns, 1 de abril. Actividades de conciliación para escolares no Espazo Coeduca.