Ourense converterase nun pasaxe do terror o vindeiro 31 de outubro para festexar o Samaín

OurenseXa
O Concello de Ourense vén de facer público o programa completo de actividades
cartel-halloween-ourense
Cartel do Samaín 2024 en Ourense
17 Out 2024

Ourense festexará, o vindeiro 31 de outubro, unha nova edición do Samaín. O Concello de Ourense converterá á cidade nun auténtico pasaxe do terror cunha ducia de actividades destinadas para todos os públicos.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, haberá numerosos desfiles con diversas temáticas, como calabazas ou personaxes de películas como Harry Potter ou Juego de Tronos.

Ademais, os pequenos e pequenas poderán gozar con talleres de cabazas e maquillaxe e un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona. Pola súa banda, na Alameda haberá un pasaxe e un túnel do terror abertos durante gran parte da tarde e da noite.

A festa estará animada pola orquestra Panorama, que actuará na Alameda ata ben entrada a madrugada, seguida do DJ Gramola. Pode consultar a programación completa do Samaín 2024 no enlace.

0.17646384239197