Ourense dá un paso para declarar o Campo de Aragón como Lugar de Memoria Democrática

OurenseXa
A iniciativa, impulsada polo PSOE, supón un paso necesario para que a Secretaría de Estado recoñeza oficialmente este espazo
campo-de-aragon-concello-ourense
Imaxe do Campo de Aragón
8 Nov 2025

O pleno municipal de Ourense aprobou por unanimidade unha declaración institucional para impulsar a declaración do Campo de Aragón como Lugar de Memoria Democrática. Esta iniciativa, promovida polo grupo socialista, supón un paso necesario para que a Secretaría de Estado recoñeza oficialmente este espazo, tal e como levan solicitando desde hai anos.

O Campo de Aragón, situado nunha explanada que formaba parte do antigo cuartel de San Francisco, é un dos lugares máis emblemáticos da represión franquista en Ourense. Actualmente, esta zona acolle importantes equipamentos culturais como o Auditorio Municipal, a Biblioteca Pública, o Edificio de Artes Escénicas “Manuel Suárez Castro” e o Arquivo Histórico Provincial.

Segundo o proxecto Nomes e Voces, que recolle datos das tres universidades galegas e da Xunta de Galicia, preto de 6.000 persoas perderon a vida en Galicia debido á represión franquista. A declaración do Campo de Aragón como Lugar de Memoria Democrática busca recoñecer e preservar esta parte da historia local.

⚙ Configurar cookies
0.081701040267944