Ourense entrega as medallas da Copa Deputación de Baloncesto 2024

OurenseXa
Entre os gañadores atópanse o EDO Blanco Amor, o CB Allariz, e o Carmelitas Aceites Abril, nas categorías infantil, cadete e junior femininas, e o BBall Ourense, CB Allariz, e COB nas categorías masculinas
Entrega de medallas da Copa Deputación de Baloncesto
17 Xuño 2024

O Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense acolleu este domingo a entrega de medallas da Copa Deputación de Baloncesto 2024.

O presidente provincial, Luis Menor, foi o encargado de facer entrega dos galardóns aos equipos gañadores, entre os que se atopan o EDO Blanco Amor, na categoría infantil feminina, o CB Allariz, na categoría cadete feminina, e o Carmelitas Aceites Abril, na categoría junior feminina.

Pola súa banda, os gañadores dos trofeos nas categorías infantil, cadete e junior masculinas foron o BBall Ourense, o CB Allariz, e o Club Ourense Baloncesto, respectivamente.

0.11336493492126