Ourense estrea este luns unha nova liña de autobuses urbanos

OurenseXa
A nova liña 6 atravesará a cidade de norte a sur, contando cunha parada no Pavillón dos Remedios
autobuses_urbanos_ourense
Ourense estrea novos autobuses urbanos
1 Apr 2024

O servizo de autobuses urbanos do Concello de Ourense estrea este luns, 1 de abril, unha nova liña: a número 6, que cruzará a cidade de Norte a Sur, unindo puntos claves como a estación intermodal, O Couto Norte, zona centro, residencia e Barrocás, e dará servizo, por primeira vez, ao Pavillón dos Remedios, onde haberá unha parada.

A liña 6: “Antiga Estación de Autobuses - Residencia- Carlos Velo” fusiona as anteriormente existentes 6A e 6B nunha soa liña, con saídas cada media hora os días laborais desde a estación (a partir das 6.30 h) e desde a rúa Carlos Velo (a partir das 6.45 h), e realizará un total de 21 paradas no treito de ida (estación – residencia) e 17 no de volta.

1) Ida: Antiga Estación de Autobuses – Rúa Carlos Velo

Horarios: Saídas cada media hora desde as 6.30 h os días laborais, cada 45’  desde as 6.45 h os sábados, e cada 45’ desde as 7.30 h os domingos

Paradas: Antiga Estación de Autobuses /Rúa Euloxio Gómez Franqueira (centro cívico) / Rúa Euloxio Gómez Franqueira (estación intermodal), Avenida das Caldas / Rúa Basilio Álvarez (Policía Local) / Rúa Ervedelo / Rúa Xavier Prado Lameiro / Rúa Faustino Santalices / Rúa Pablo Picasso / Rúa Salvador Dalí (2 paradas) / Rúa do Progreso (Pazo de Xustiza) / Rúa Concello / Rúa do Progreso (Galerías Multi Centro) / Rúa do Progreso (Alameda) / Rúa do Progreso (Xardín do Posío) / Rúa da Coruña / Rúa Galicia / Rúa Ramón Puga (Residencia) / Rúa Ramón Puga (segunda parada) / Rúa Carlos Velo (Fin)

2) Volta: Rúa Carlos Velo - Antiga estación de autobuses

Horarios: Saídas cada media hora desde as 6.45 h os días laborais, cada 45’ desde as 6.45 h os sábados e cada 45’ desde as 7.30 h os domingos.

Paradas: Rúa Carlos Velo / Rúa Ramón Puga / Rúa Ramón Puga (Residencia) / Rúa José Cornide / Rúa Nosa Señora da Saínza / Rúa da Coruña / Rúa do Progreso (Xardín do Posío) / Rúa do Progreso (Alameda) / Rúa Xoán XXIII / Parque de San Lázaro / Avenida Pardo de Cela (Pavillón dos Remedios) / Rúa Greco / Rúa Ervedelo / Rúa Xesús Pousa (Policía Local) / Rúa Euloxio Gómez Franqueira (estación intermodal), Rúa Euloxio Gómez Franqueira / Antiga Estación de Autobuses.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15127491950989