Ourense festexa o San Lázaro coa tradicional Queima de Madamitas
Ourense celebra este domingo, 17 de marzo, a festividade de San Lázaro coa tradicional Queima de Madamitas.
Ademáis, haberá unha alborada con gaiteiros e cabezudos polas rúas do Paseo, Santo Domingo e o propio parque San Lázaro.
A alborada comezará ás s 11.45 horas, e desde as 13.00 horas, a zona da Subdelegación do Goberno será o centro das actividades conmemorativas, coa Queima das Madamitas. Trátase dun acto inspirado nun rito pagán que data do século XII e que marca o final do inverno e dálle a benvida á primavera ao tempo que anuncia a proximidade da Semana Santa.
As madamitas son unhas figuras de papel articuladas, que xiran nunha rápida ruleta ao tempo que arden e estralan as luces de pirotecnia que para moitos supoñen a queima dos malos espíritos para renovarse e iniciar un novo ciclo que comeza coa primavera.
Ademáis, nos arredores do Parque de San Lázaro estarán instalados os tradicionais postos de rosquillas, lambetadas, abelás e produtos típicos desta festa.