Ourense impulsará a rehabilitación da pasarela do Vao cun investimento de 760.000 euros

OurenseXa
O Goberno local prevé aprobar tamén a licitación da mellora e humanización da Lonia, valorada en máis de 850.000 euros
Concello-Ourense-recurso
10 Dec 2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense abordará este xoves dous novos proxectos de actuación en infraestruturas municipais. Entre eles figura a aprobación do expediente para contratar as obras de rehabilitación da pasarela do Vao, unha intervención cun orzamento de licitación que rolda os 768.000 euros, impostos incluídos.

A sesión, prevista para mañá ás 13.30 horas no salón de plenos, incluirá tamén a autorización da licitación doutro proxecto relevante: a mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia, para o que se reserva unha inversión de 852.821 euros.

Ademais destes dous expedientes, o Goberno local ten previsto tratar outros 21 asuntos incluídos na orde do día, avanzando así na tramitación de diferentes iniciativas municipais.

⚙ Configurar cookies
0.090465068817139