Ourense inaugura un ascensor exterior entre os barrios da Ponte e o Vinteún

OurenseXa
O novo sistema de elevación vertical está situado na rúa Vicente Risco e conecta a Avenida de Marín coa Avenida de Santiago
novo-ascensor-ourense-a-ponte-vinteun
27 Feb 2026

A cidade de Ourense conta cun novo ascensor exterior na rúa Vicente Risco, que conecta a Avda. de Marín coa Avda. de Santiago. A inauguración contou coa presenza do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e do concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, acompañados do equipo de goberno.

O elevador vertical, sinalan dende o Goberno municipal, permite salvar unha diferenza de cota de 7,87 metros, facilitando o tránsito peonil e o transporte de bicicletas no seu interior, mellorando así a mobilidade entre ambos os barrios. Esta intervención forma parte do proxecto municipal “OUrense Horizontal”, nome co que o executivo local substitúe ao coñecido como “Ourense Vertical” e suma xa oito sistemas de elevación mecánica na cidade.

A obra foi executada pola empresa Extraco, Construccións e Proxectos S.A e contou cun orzamento de licitación ascendeu a 368.937,03 euros, dos que o Concello aportou o 73 % (290.051,30 euros) e os fondos europeos, a través do programa NEXT, un 27 % (78.885,73 euros). O prazo de execución foi de sete meses e a intervención contou cunha subvención vinculada ao proxecto Move Ourense II.

0.16169285774231