Ourense prepárase para unha folga sen precedentes dos traballadores municipais

Ourense arranca este luns una semana marcada pola folga sen precedentes que preparan os traballadores municipais ante a as políticas do alcalde en materia de persoal. Os días convocados para os paros son o 31 de outubro, véspera de Todos os Santos, e o 4 de novembro.
Durante as últimas véñense repetindo diversas mobilizacións apoiadas de forma masiva por parte do funcionariado, que quentaron e tensaron aínda máis o ambiente dentro da institución.
Os traballadores e traballadoras do Concello de Ourense afirman estar “fartos” da actitude do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen en varias ocasións cargou publicamente contra os funcionarios do Concello.
Ademais, a situación tensouse tras os continuos retrasos para poñer en marcha o Plan de Estabilización, que ten data límite o 31 de decembro pero que, segundo indican os traballadores do Concello, “nin está nin se lle espera”.
Pola súa banda, os tres grupos da oposición, PP, PSOE e BNG, secundan esta folga e xa amosaron en varias ocasións o seu apoio aos traballadores e traballadoras do Concello.
O alcalde despreza a folga e acusa aos funcionarios de facer folga
Pola súa banda, Gonzalo Pérez Jácome cargou duramente contra traballadores e sindicatos xa que, na súa opinión, fan a folga con “mala fe e picaresca”. Para el “convócase os días 31 de outubro e 4 de novembro, co que o que estás facendo é ampliar unha ponte de fin de semana”, ao ser as datas inmediatamente anterior e posterior ao venres, 1 de novembro, día festivo e a fin de semana do sábado 2 e o domingo, 3 de novembro.
Ademais, acusa aos sindicatos de que a folga “afecte a un día clave, xa que o día 31 é a xornada dos preparativos do día grande dos cemiterios”, que é a celebración de Todos os Santos (1 de novembro), “coa finalidade de que ese parón do 100% a noten os cidadáns” nas súas visitas aos camposantos municipais.
Persoal Laboral
O pasado venres, o Concello anunciaba que o persoal laboral non poderá exercer o seu dereito á folga xa que, según explican, non foi convocada polos seus representantes sindicais, polo que advertían de que deberán asistir ao seu posto de traballo de forma ordinaria, salvo aquel persoal que teña fixado para ese día vacacións, asuntos propios, desfrute da terceira ponte festiva ou permiso que lle autorice a ausencia do seu posto de traballo.
Servizos mínimos
O mesmo venres, o Concello anunciaba o establecemento de servizos mínimos para ambas xornadas de folga e que contemplan o funcionamento dos cemiterios munipais, cuns servizos mínimos do 50%.
Ademais, os cemiterios municipais de San Francisco, Santa Mariña e As Caldas estarán abertos ininterrompidamente de 9 a 19.30 horas a semana próxima. O obxectivo desta medida, explican desde o Concello de Ourense, é facilitar que a veciñanza poida achegarse a honrar os seus familiares nas festividades de Todos os Santos e Fieis Defuntos. Habitualmente, estas dependencias permanecen pechadas ao mediodía durante os días festivos e fins de semana.
Pola súa banda, o servizo de autobuses reforzarase dende o 30 de outubro até o 2 de novembro, ambos incluídos, con 2 servizos especiais, un con saída da antiga Estación de Autobuses e outro desde O Vinteún, en dirección ao Cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no de San Francisco.