Ourense prepárase para acender as luces de Nadal
Ourense prepárase para dar a benvida ao Nadal, que arrincará oficialmente na cidade o vindeiro xoves, 5 de decembro, co encendido das luces que, a diferenza doutros anos, terá lugar na Alameda en lugar da Praza Maior, ás 20:00 horas.
Para este ano, o Concello tamén prepara o coñecido concurso de escaparates de Nadal, cuxo obxectivo é dar visibilidade e apoiar ao comercio local mentres se contribúe á mellora do ambiente navideño na cidade.
O concurso deste ano está organizado polo Concello de Ourense en colaboración co CIFP Portovello e Ecourense UTE, co propósito de achegar ao alumnado á realidade comercial e promover a innovación educativa, ao mesmo tempo que se contribúe á concienciación e sensibilización medioambiental mediante a promoción do reciclaxe e o uso de materiais reciclados de diversa índole (papel, cartón, plástico, vidro, etc.) dentro do marco das decoracións tradicionais de Nadal.
Poden participar todos aqueles establecementos comerciais situados no termo municipal do Concello de Ourense que realicen os seus escaparates en torno á temática navideña. No caso de que algún establecemento non dispoña de escaparate, valorarase a decoración da fachada do local comercial. A decoración deberá estar realizada antes do día 13 de decembro.
Ademais, o Concello puxo en marcha un certame infantil de debuxo da postal de Nadal no que participaron os escolares dos centros ourensáns e co que se elixirá a postal de felicitación navideña do Concello de Ourense deste 2024.